Tourism·

Aguiño celebra dez anos de Festa da Navalla con 600 quilos de quilómetro cero

Aguiño celebra dez anos de Festa da Navalla con 600 quilos de quilómetro cero

A décima edición da Festa da Navalla de Aguiño, en Ribeira, servirá o vindeiro 9 de agosto uns 600 quilos deste bivalvo preparado á prancha a un prezo de 15 euros a ración. Ademais, os comensais poderán degustar tamén arredor de 250 quilos de sardiña e setecentas racións de empanada.

A décima edición da Festa da Navalla de Aguiño, en Ribeira, servirá o vindeiro 9 de agosto uns 600 quilos deste bivalvo preparado á prancha a un prezo de 15 euros a ración. Ademais, os comensais poderán degustar tamén arredor de 250 quilos de sardiña e setecentas racións de empanada. A celebración será amenizada musicalmente por Chiña e Tabernarias, e os tíckets empezarán a venderse a partir das 10.00 horas. A cita gastronómica foi presentada pola alcaldesa de Ribeira, María Sampedro; o concelleiro de Mar e Festexos, Fernando Abraldes; e o presidente da comisión de festas da parroquia aguiñense, Julio Abraldes, xunto a Teruca Sampedro e Pili Millet, integrantes tamén da entidade. A rexedora destacou o labor do asociacionismo, nomeadamente das comisións de festas para, nesta ocasión, poñer o foco "nun dos produtos máis venerados do noso mar; un produto que, ademais, ten gran relevancia na lonxa de Aguiño e que será de quilómetro 0, da propia parroquia". O concelleiro de Mar e Festexos, Fernando Abraldes, precisou que toda a navalla será extraída da zona do Castro-A Catía en apnea. Pola súa banda, o presidente da comisión agradeceu a colaboración da Confraría de Pescadores de Carreira-Aguiño, así como do Concello de Ribeira e da Consellería do Mar. "Queremos que a festa vaia medrando cada ano", apuntou.

This is a summary. Read the full article at the original source.

Read full article at elcorreogallego