Ponteverán descubre os tesouros verdes da Voa Vila á rapazada

O campamento urbano Procurando tesouros: reliquias botánicas, que imparte Reviravolta, empezou este luns en Pontevedra para descubrir a nenos e nenas as especies de árbores que habitan a cidade e o seu valor ecolóxico
Magnolios, camelias, falso teixo e ata unha palmeira californiana. Son algunhas das árbores que os nenos e nenas de Pontevedra están a coñecer no campamento urbano Procurando o tesouro: reliquias botánicas, enmarcado na programación de Ponteverán. O Ponteverán 2026 contará cunha oferta de 619 prazas gratuítas para 23 actividades A actividade botou a andar este luns na Casa Azul de Pontevedra. Organizada pola compañía Reviravolta e dirixida á rapazada entre oito e doce anos, a proposta ten por obxectivo dar a coñecer as especies de árbores que habitan a nosa contorna, así como descubrirlle aos nenos e nenas a cal é o seu papel e por que son importantes ecoloxicamente. Tal e como explican Lorena Tilve e Sandra Prado, as dúas mulleres á fronte de Reviravolta, a proposta inclúe camiñadas e actividades artísticas como fotografía e plástica, a través das cales os participantes coñecen algo máis das especies que habitan Pontevedra. Participantes no curso Procurando tesouros: reliquias botánicas, no marco do Ponteverán. DP "Coa rapazada realizamos varios roteiros pola Boa Vila descubrindo algunhas das árbores máis características e algunhas característica, como nomes populares, utilidades, curiosidades...", contan Lorena e Sandra. "A nosa proposta acompáñase de varias actividades artísticas: fotográfica retratando algunhas árbores e plástica debuxando outras, o que servirá para que cada participante elabore o seu propio dossier que levarán o último día", engaden. Itineranta comeza chamando aos bombeiros e con música funk Do magnolio da Praza de Méndez Núñez ao Liquidambar da Praza da Verdura; pasando polo camelio da Praza da Ferrería ou a palmeira de abano californiana que preside Gutiérrez Mellado, sen desmerecer os tesouros que se poden atopar nos Xardíns Vicenti, como o falso teixo xaponés ou o cedro do Himalaia. Son algúns dos exemplares que visitaron os participantes deste campamento neste luns. "Na Praza da Verdura estivemos esmagando algunhas follas do liquidambar que cheiran a Limón", contan Lorena e Sandra. Participantes no curso Procurando tesouros: reliquias botánicas, no marco do Ponteverán. DP Para coñecelas, os nenos e nenas retrataron cos seus dispositivos ás árbores a estudar e logo contemplaron a forma das follas, o tamaño do toro etc, Ata o vindeiro venres desenvolverase este obradoiro. O punto de partida é a Casa Azulaínda que está previsto que se organicen novas saídas pola zona para ver as distintas reliquias botánicas da cidade. Participantes no curso Procurando tesouros: reliquias botánicas, no marco do Ponteverán. DP E a semana que vén.... rapazada na cociña A vindeira semana terá lugar outra actividade que tamén impulsa Reviravolta no Concello de Pontevedra, aínda que nesta ocasión xira en torno á cociña e vai destinada a rapaces e rapazas de trece e catorce anos. Repostería e nutrición son dúas das temáticas esenciais deste curso que conta tamén con saídas á Praza de Abastos e visitas a chefs e restaurantes da cidade. Todo iso conforma o programa deste obradoiro que leva por nome Saborea o verán!. E é que este Ponteverán está quedando delicioso!
This is a summary. Read the full article at the original source.
Read full article at diariodepontevedra
